|
|||
É tempo de verán e tempo do Cabe. Deixádevos engaiolar polo noso patrimonio fluvial, a nosa cultura e a nosa natureza que se dan a man nun mesmo espazo. Ofrecémosvos un ocio alternativo e de calidade. Haberá diferentes manifestacións culturais, deportivas, e lúdicas. Cativos e maiores, veciños e visitantes, todos protagonistas do río e das súas ribeiras. Achegádevos e gozade do Cabe. Remando no Cabe Para retomar as actividades de lecer arredor do río recuperamos por segundo ano os paseos en barca polo río Cabe, destinados ao turismo e ao uso social da comunidade. Retomando a imaxe das embarcacións no seu medio, que ademais de revitalizar a memoria colectiva dos veciños, será unha das postais escollidas polos visitantes de Monforte de Lemos. Destacamos na proposta o que de novidoso ten na representación do patrimonio, integrando natureza e cultura desde os parámetros do uso sustentable e o etnodesenvolvemento, acentuando o papel da comunidade na rehabilitación da vida arredor do río. Apostamos por fomentar a participación dos visitantes e dos veciños no restablecemento e conservación -con actividades económicas sostibles e con ocupacións de lecer- do contorno do Cabe. Durante os meses de xullo e agosto poderedes alugar algunha das cinco novas barcas de paseo que estarán amarradas no embarcadoiro do Parque dos Condes. De martes a domingo, estarán á vosa disposición entre as 11:00 e as 13:00 h., e das 18:00 ás 22: 00 h. O paseo será de media hora, e os billetes poderán mercarse alí mesmo ao prezo de 3 euros por barca, con ou sen barqueiro. Carta de Barqueiro Obradoiro de iniciación á navegación en barca tradicional para cativos de entre 8 e 12 anos con actividades de remo, natureza e lecer. Como complemento ás actividades de lecer arredor do río centradas na recuperación dos paseos en barca no Cabe, procuramos a implicación dos nenos e nenas como mecanismo de continuidade no tempo. A imaxe dos máis cativos utilizando as barcas, do mesmo xeito que facían os seus avós e bisavós, é un acto de responsabilidade institucional na xestión do patrimonio e unha oportunidade para a recuperación das actividades interxeracionais. Considerando o tempo de lecer como educativo e o río como espazo pedagóxico, a utilización das barcas para unha actividade dirixida ao público infantil é unha necesidade nunha sociedade que tende á humanización do seu hábitat. Cremos firmemente na formación de novas xeracións que aposten pola identidade, respecto e participación na cultura que herdaron como ben, e da que os ríos son fontes de recursos fundamentais que precisan ser conservados. Durante os meses de xullo e agosto, tódolos martes e mércores de 11:00 a 13:00, no embarcadoiro do Parque dos Condes. Na oficina de turismo podédesvos inscribir de xeito gratuíto nalgunha das oito quendas: 4 e 5 de xullo. 30 xuño 11 e 12 de xullo. 7 de xullo 18 e 19 de xullo. 14 de xullo 25 e 26 de xullo. 21 de xullo 1 e 2 de agosto. 28 de xullo 8 e 9 de agosto. 4 de agosto 22 e 23 de agosto. 18 de agosto 29 e 30 de agosto. 25 de agosto Festa do Río PRESENTACIÓN Despois da primeira edición, e para continuar avanzando no uso social e de lecer do río e as súas ribeiras, cómpre seguilo dinamizando e poñéndoo en valor. Este verán o río volverá ser lugar de encontro, berce da nosa memoria i elemento protagonista no lecer de moitos veciños e visitantes. A celebración da II Festa do Río -os vindeiros 29 e 30 de Xullo de 2006 en Monforte de Lemos- supón a consolidación das embarcacións tradicionais dentro do proceso de recuperación do Cabe. Por eso asociacións, institucións, empresas e pobo, dun xeito coordinado e continuado, debemos compartir iniciativas, experiencias i esforzos, que contribúan a que o noso río e as barcas -que sempre serviron para unir ribeiras, tecer amores e soños- sirvan de novo para a emoción de nenas e nenos, de novos e vellos, de familias, i sexan elementos impulsores e integradores cos que veciños e visitantes sigamos gozando. SÁBADO, 29 de xullo de 2006 11:00 PASARRÚAS Gaiteiros e danzantes animarán pola cidade o noso corpo e a nosa alma. 12:00 a 14:00 XOGOS POPULARES Actividades no Parque dos Condes a carón do río, xogos tradicionais e cooperativos. 12:30 RECEPCIÓN DOS INVITADOS E DAS AUTORIDADES. INAUGURACIÓN DA II FESTA DO RÍO 13:00 A 14:00 E DE 18:00 A 21:00 EXHIBICIÓN E NAVEGACIÓN DAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS Poderase navegar en distintas embarcacións tradicionais de Galicia, do Norte de Portugal, acompañados de barqueiros expertos. 18:00 a 20:00 XOGOS POPULARES Actividades no Parque dos Condes a carón do río, xogos tradicionais e cooperativos. 19:00 a 21:00 TROULA BARQUEIRA Teatro de rúa polo centro da cidade a cargo do grupo Troula Animación 23:00 FESTIVALARIO. CONCERTO DE JOAQUIN TABOADA E O SEU GRUPO Espectáculo musical de luz e son no estanque do Parque dos Condes. DOMINGO, 30 de Xullo de 2006 11:00 PASARRÚAS Gaiteiros e danza animarán o noso corpo e a nosa alma. 11:00 a 13:00 EXHIBICIÓN EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS Poderase navegar nas distintas embarcacións tradicionais de Galicia, do Norte de Portugal, do Pais Vasco, acompañados de barqueiros expertos. 12:00 a 14:00 XOGOS POPULARES Actividades no Parque dos Condes a carón do río, xogos tradicionais e cooperativos. 13:00 GRAN PARTIDO DE WATER-POLO NO CABE O XEITO TRADICIONAL 14:30 DESPEDIDA DOS PARTICIPANTES Festivalario De noite, o río, o Parque dos Condes e o Colexio da Compañía compoñen un único e inmenso escenario. O pobo de Monforte de Lemos e os seus visitantes, seremos actores dun espectáculo que nos emocionará e nos fará gozar dunha forma nova. Joaquín Taboada e o seu grupo, compositor de música new age recoñecido a nivel mundial, engaiolaranos co seu espectáculo cheo de fermosas composicións, xogos de luces e imaxes suxerintes e plenas de sensibilidade. A presentación do concerto farase o vindeiro día 28 de xuño. Acompañaranos o compositor e músico Joaquín Taboada ORGANIZAN: CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS ASOCIACIÓN CULTURAL BARCAS DO MIÑO PATROCINAN: XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE TURISMO XACOBEO COLABORAN: CRUZ VERMELLA FUNDACIÓN XOSÉ SOTO DE FIÓN FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL CRISANTO VILA SUMINISTROS GALLEGOS PROMOVEMOS A CANDIDATURA DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS |